miércoles, 14 de diciembre de 2011

Novidades para semana de Nadal

Hoxe informa o míster do noso equipo e coordinador da Escola (Hugo) de cambios para a semana que ven, a de Nadal, e di que o publiquemos:

O luns 19 teremos os pinchos cos nenos, nos que cada un aportará o que poida para picar, segun o falado coa nosa sempre delegada Marisol (a parte de Carlos). Será a partir das 17:30 horas.

O martes 20 terán entreno á mesma hora, para darlle logo vacacións ata o ano novo.
Seguramente o primeiro entreno do ano será o martes día 3.

Nota:  Recordamos que temos aberto o concurso: Quen é quen?,  para intentar adiviñar rostros que seguramente nuns anos serán moi famooosos.  Así que anímate a comentar quen che parece esa cara que che soa de algo, ou non ...?

.

martes, 6 de diciembre de 2011

Primeiro participante no concurso... ¿Quén son?

Xa temos o primeiro participante no concurso... Quén será???



seguide mandando fotos, e pouco a pouco a ver si completamos o equipo!!!

viernes, 2 de diciembre de 2011

Próximo partido o sábado 10/12/2011 ás 19:30 horas

Xa está publicada a hora do próximo partido de liga:  será o sábado 10/12/2011 ás 19:30 horas en Santa Isabel (unhas horas despois será o Real Madrid-F.C. Barcelona).


Esta fin de semana toca descanso, o martes 6 e xoves 8 son festivos, así que o próximo entreno será o venres 9.

Nota:  Parece ser que a alguén se lle ocurríu que podiamos facer un concurso a través do blog.
A idea é que enviedes fotos dos rapaces de cando eran bebés, para poder publicar cada semana unha foto, de forma que se intente adiviñar quen é quen no equipo.

Se vos parece ben a idea, esperamos ansiosos as vosas fotos.
 .