miércoles, 14 de diciembre de 2011

Novidades para semana de Nadal

Hoxe informa o míster do noso equipo e coordinador da Escola (Hugo) de cambios para a semana que ven, a de Nadal, e di que o publiquemos:

O luns 19 teremos os pinchos cos nenos, nos que cada un aportará o que poida para picar, segun o falado coa nosa sempre delegada Marisol (a parte de Carlos). Será a partir das 17:30 horas.

O martes 20 terán entreno á mesma hora, para darlle logo vacacións ata o ano novo.
Seguramente o primeiro entreno do ano será o martes día 3.

Nota:  Recordamos que temos aberto o concurso: Quen é quen?,  para intentar adiviñar rostros que seguramente nuns anos serán moi famooosos.  Así que anímate a comentar quen che parece esa cara que che soa de algo, ou non ...?

.

martes, 6 de diciembre de 2011

Primeiro participante no concurso... ¿Quén son?

Xa temos o primeiro participante no concurso... Quén será???



seguide mandando fotos, e pouco a pouco a ver si completamos o equipo!!!

viernes, 2 de diciembre de 2011

Próximo partido o sábado 10/12/2011 ás 19:30 horas

Xa está publicada a hora do próximo partido de liga:  será o sábado 10/12/2011 ás 19:30 horas en Santa Isabel (unhas horas despois será o Real Madrid-F.C. Barcelona).


Esta fin de semana toca descanso, o martes 6 e xoves 8 son festivos, así que o próximo entreno será o venres 9.

Nota:  Parece ser que a alguén se lle ocurríu que podiamos facer un concurso a través do blog.
A idea é que enviedes fotos dos rapaces de cando eran bebés, para poder publicar cada semana unha foto, de forma que se intente adiviñar quen é quen no equipo.

Se vos parece ben a idea, esperamos ansiosos as vosas fotos.
 .

domingo, 27 de noviembre de 2011

CALENDARIO DE ENTRENAMIENTOS BENJAMIN. DICIEMBRE 2011

Empieza el mes de Diciembre, que entre jornadas de descanso, puente de la constitución y fiestas de Navidad, desorganiza bastante el calendario de entrenamientos.

Por eso, y a petición del mister, publicamos el calendario previsto (espero que correcto), sombreando en rojo los días en los que entrenará el equipo benjamín, desde finales de Noviembre hasta los primeros días de Enero.


Si hubiese algún error o cambio, lo actualizaremos sobre la marcha...

sábado, 19 de noviembre de 2011

XUVENTUDE 19 - VIKINGOS 0

Tremenda pegada do Xuventude no estreo do noso porteiro IVI como goleador... cun hat-trick na primeira oportunidade que ten.




Felicidades, rapaces. Agora dúas semaniñas de descanso para repoñer forzas, que falta van facer.

Partido sábado 19/11/2011 ás 18:30 h en Santa Isabel xuventudeorosobenxaminafutbol7

Hoxe temos partido ás 18:30 h en Santa Isabel.
Dase a circunstancia que como ímos líderes, xoga o primeiro contra o último clasificado o C.D. Esc. Os Vikingos:

1 E.D. XUVENTUDE OROSO 7 6 1 0 63 10 19
2 AMIO S.D. "B" 5 4 0 1 38 11 12
3 SANTIAGO COMP. C.F. "B" 5 4 0 1 34 20 12
4 C.D. CONXO "B" 5 4 0 1 24 13 12
5 S.D. CACHEIRAS 5 3 1 1 43 9 10
6 VICTORIA C.F. 3 3 0 0 19 4 9
7 MILLADOIRO S.D."B" 5 2 0 3 14 23 6
8 CIA. Mª STGO."B" 5 2 0 3 11 15 6
9 S.D. VILLESTRO "B" 4 1 1 2 12 21 4
10 LA SALLE "B" 5 1 0 4 12 19 3
11 R.S. LORENZO "B" 5 1 0 4 6 45 3
12 A.D.M. PELETEIRO "B" 7 0 1 6 18 54 1
13 C.D. ESC. OS VIKINGOS 5 0 0 5 1 51 0


Igual poden aproveitar este partido para probar cousas novas e variantes tácticas alternativas, aínda a risco de non concentrarse para gañar o partido sen moitas complicacións.

Aproveitamos para saludar dende aquí aos máis pequenos doutro equipo irmán E.D. Xuventude Oroso que debutou hoxe na categoría fútbol 8 de prebenxamín, con unha victoria arrolladora sobre o Bertamiráns C.F. "B".

Recordamos que despois de hoxe haberá 2 xornadas seguidas de descanso ligueiro para o noso equipo.

Por outra banda, comentar que hoxe estamos en xornada de reflexión, xa que mañán hai eleccións xerais, así que a reflexionar ...



Nota:
Se alguén non ten acceso aínda ao álbum de fotos do equipo, que nos envíe un correo identificándose como pai dalgún xogador e xa vos enviamos unha invitación para poder velas.
.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Crónica do partido do sábado 12/11/2011 xuventudeorosobenxaminafutbol7

Este pasado sábado 12/11/2011 xogouse o partido contra o Rácing San Lorenzo "B".
A verdade é que foi un encontro bastante aburrido, polo menos no primeiro tempo, aínda que o resultado final non dou lugar a dúbidas, cun 10 a 0 ao noso favor.

O próximo partido será o sábado 19/11/2011 ás 18:30 horas contra C.D. Esc. Os Vikingos en Santa Isabel.

Despois, segundo informou o míster, haberá 2 xornadas seguidas de descanso ligueiro para o noso equipo.

Así que xa sabedes, se queredes aproveitar para facer outras cousas que non teñan que ver co fútbol dos benxamíns, aproveitar agora.

.

domingo, 13 de noviembre de 2011

Frases futbolísticas célebres xuventudeorosobenxaminafutbol7

Frases futbolísticas famosas:

Seguindo suxestións de algúns pais, inauguramos unha nova sección de frases famosas relativas ao fútbol e animamos aos siareiros a que nos envíen máis para poder publicalas:

- O fútbol é así.
- Un 0-0  es como un domingo sin sol (Alfredo Di Stéfano).
- Tiki Taka (Andrés Montes)
- Xogamos como nunca e perdemos coma sempre (Don Alfredo ?)
- La mejor defensa es un buen ataque.
- Voy a correr como un negro para mañana vivir como un blanco (Samuel Eto´o)
- Fútbol e fútbol, e gol e gol (Vujadin Boskov)
- Se juega mejor con 10 que con 11 (Helenio Herrera)
-  ¡Siempre negativo, nunca positivo! (Louis Van Gaal)
-

viernes, 11 de noviembre de 2011

hora do partido sábado 12/11/2011 xuventudeorosobenxaminafutbol7

Xa temos hora para o partido de mañán sábado: será ás 16:30 horas en Santa Isabel.

Se tedes tempo, catro horas antes xoga tamén o equipo irmán, o Benxamín B, ás 12:30 no Lino Balado de Sigüeiro.

.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Xuventude Oroso 5 - Cacheiras 5

La mañana empezaba muy prometedora....

Pero la cosa se fué complicando...


Y al final, aunque casi se remonta, parece que  lo que no puede ser no puede ser, y además es imposible.






Importante:
Hemos mandado un enlace a las fotos del partido a los padres de los que tenemos el mail. Podéis enviar un correo a la dirección de correo del blog (xuventudeorosobenxamina@gmail.com) identificándoos como padres de algún jugador si queréis que os incluyamos en la lista de distribución.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Ya tenemos foto oficial de los futuros campeones... Que siga la racha.


cambio horario de partido sábado 05/11/2011 xuventudeorosobenxaminafutbol7

Aviso importante (cambio horario de partido):

Mañán toca madrugar.  O partido deste fin de semana é mañán sábado 05/11/2011 ás 09:30 horas en Villestro.
En principio quedamos de saír ás 08:30 horas desde o campo de Sigüeiro.

Por se alguén aínda non tomou café e non quere perderse propoñemos unha das posibles rutas:   como ir ao campo mañán sábado co piloto automático



.

lunes, 31 de octubre de 2011

Entreno luns 31/10/2011 ás 11:30 h xuventudeorosobenxaminafutbol7

Entreno luns 31/10/2011 ás 11:30 h, xa que o martes 01/11/2011 é festivo.
Nótase o ir líderes na liga, non queren perder a forma.

Por certo, falando con algúns pais comentabamos que a clasificación do xornal  El Correo Gallego de hoxe luns está mal,  incluso nos dan o partido da 5ª xornada perdido contra o Amio B, 8-1 a favor deles.

Tranquilos todos, están mal os datos de El Correo Gallego (a ver se no Marca e no AS non se equivocan tamén). O delegado do noso equipo, Carlos Remuiñán, declarou en exclusiva matinal aos nosos siareiros, que non había motivo para preocuparse, que el tiña ben a copia da acta arbitral co resultado a noso favor.

Podedes acceder á competición da que estamos a falar na web da Federación Galega de Fútbol,  pero a data de hoxe aínda faltaban os datos da última xornada.

domingo, 30 de octubre de 2011

FOTOS DO EQUIPO COA COPA DO MUNDO xuventudeorosobenxaminafutbol7




"A copa do mundo é nosa..."


A expectación foi máxima, vista a prensa acreditada



Aínda que os verdadeiros protagonistas hoxe foron eles


Hugo, o míster do equipo estaba feliz vendo desfrutar aos rapaces