Entreno luns 31/10/2011 ás 11:30 h, xa que o martes 01/11/2011 é festivo.
Nótase o ir líderes na liga, non queren perder a forma.
Por certo, falando con algúns pais comentabamos que a clasificación do xornal El Correo Gallego de hoxe luns está mal, incluso nos dan o partido da 5ª xornada perdido contra o Amio B, 8-1 a favor deles.
Tranquilos todos, están mal os datos de El Correo Gallego (a ver se no Marca e no AS non se equivocan tamén). O delegado do noso equipo, Carlos Remuiñán, declarou en exclusiva matinal aos nosos siareiros, que non había motivo para preocuparse, que el tiña ben a copia da acta arbitral co resultado a noso favor.
Podedes acceder á competición da que estamos a falar na web da Federación Galega de Fútbol, pero a data de hoxe aínda faltaban os datos da última xornada.
lunes, 31 de octubre de 2011
domingo, 30 de octubre de 2011
FOTOS DO EQUIPO COA COPA DO MUNDO xuventudeorosobenxaminafutbol7
| "A copa do mundo é nosa..." |
A expectación foi máxima, vista a prensa acreditada
Aínda que os verdadeiros protagonistas hoxe foron eles
Hugo, o míster do equipo estaba feliz vendo desfrutar aos rapaces
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

