domingo, 30 de octubre de 2011

A Copa do Mundo visita Oroso xuventudeorosobenxaminafutbol7

A Copa do Mundo visitará Oroso este sábado 29 de outubro e estará exposta no centro cultural de Sigüeiro de 10:00 a 21:00 horas

 

A presentación oficial do trofeo terá lugar ás 13:00 horas no centro cultural de Sigüeiro, onde está prevista unha charla co adestrador Fernando Vázquez.


A Copa do Mundo gañada pola selección española no pasado Mundial de Sudáfrica visitará Oroso este sábado 29 de outubro, onde quedará exposta durante todo o día para que todos os veciños e veciñas poidan vela e fotografarse con ela. A copa será recibida ás 10:00 horas polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, na casa do concello.

Despois, o trofeo será trasladado ao auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, onde quedará exposta ao público ata as 21:00 horas (salvo de 16:30 a 18:00 horas, nas que estará no campo de fútbol municipal de Sigüeiro para que os distintos clubs de fútbol do municipio poidan sacar unha foto con ela). A entrada será totalmente libre e de balde.

A presentación oficial do trofeo, presidida polo alcalde orosán e polo concelleiro de deportes, Luís Rey, terá lugar ás 13:00 horas no centro cultural de Sigüeiro. Un acto no que está prevista tamén unha charla futbolística a cargo do adestrador galego Fernando Vázquez. A copa que se verá e se poderá tocar en Oroso é a mesma que se ten exposto en distintas cidades españolas e é unha réplica que lle entregaron á selección española, xa que a levantada en Sudáfrica está gardada en Suíza pola FIFA ata o próximo mundial.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario