sábado, 28 de abril de 2012

Torneo de San Miguel de Oia

Pouco a pouco vamos incorporando novas fotos atrasadas. Hoxe tócalle o turno ó torneo de San Miguel de Oia desta semana santa.

Como sempre enviamos un enlace para ver as fotos a todos os pais, o que teña problemas que avise...


domingo, 8 de abril de 2012

Torneo Benxamín Aguiño 2012



Despois dunha dura Semana Santa de torneos, sen moita sorte nos resultados pero chea de esforzos, imos ir subindo as fotos destes días.

Nesta primeira entrada tócalle o turno o torneo de Aguiño, no que chegamos hasta uns dramáticos cuartos de finais nos que a sorte dos penaltis non nos foi favorable.

Podedes ver un montón de fotos feitas pola organización do torneo ne dirección:

http://www.facebook.com/media/set/?set=a.329735953752342.75785.217067911685814&type=3

Ademais destas, as fotos feitas por nos están no album que coma sempre compartimos cos pais dos que temos a dirección, así que si todavía queda algún ó que non lle chegue o enlace ou non poida velas, pode comentarllo a Alvaro (Gogó) ou a Jose (Martín) para que o incluian na lista de distribución.

martes, 3 de abril de 2012

Torneo de fútbol base Aguiño 2012. Días 5 e 6 de abril de 2012

No campo municipal da Tasca de Aguiño, Ribeira, disputarase o Torneo de fútbol base Aguiño 2012.

Hai un total de 36 equipos participantes, divididos en dúas categorías: prebenxamín e benxamín.
Cada categoría componse de 18 equipos repartidos en catro grupos. O xoves 5 xogan os prebenxamíns.

Na categoría benxamín, que será o venres santo 6 de abril, o cadro é o seguinte:

Benxamins Grupo C

Equipo                            Partidos      Puntos        G.F.      G.C.          Golaverage 
1.Cordeiro C.F.                   0                   0              0            0                      0
2.Outes F.C.                        0                   0              0            0                      0 
3.Santiago Compostela    0                   0              0            0                      0 
4.X.Oroso                           0                   0              0            0                      0

  • 10:00: Cordeiro C.F. - Outes F.C.                         
  • 10:00: Santiago Compostela - X.Oroso             
  • 12:00: Santiago Compostela - Cordeiro C.F.     
  • 12:00: Outes F.C. - X.Oroso                                
  • 16:00: X.Oroso - Cordeiro C.F.                             
  • 16:00: Outes F.C. - Santiago Compostela            
Se queres ir ao campo da Tasca sen perderte, aquí tes a  ruta desde Sigüeiro.

Queres ver a predicción do tempo de Meteogalicia para o venres santo?
.

domingo, 1 de abril de 2012

Torneo San Miguel de Oia (Vigo) - Copa Pirucha. Martes 3 de abril de 2012

No campo de fútbol da Pirucha de San Miguel de Oia (Vigo),  dispútase o martes 3 de abril a famosa Copa Pirucha.  
Queres ir ao campo sen perderte?,  clica aquí



Unha pequena información: 

A parroquia costeira de San Miguel de Oia está situada ao suroeste do concello de Vigo, a uns 8 km do centro. Limita coas parroquias de Coruxo e Saiáns. Ten unha poboación de 4.020 habitantes (2010) moi densa, repartida en 36 núcleos de poboación e ocupando un territorio de 4 km² de elevado interese turístico. Esta parroquia viguesa non debe confundirse co cercano concello de Oia, situado a uns 30 km ao suroeste (hacia Baiona). Está situada na ría de Vigo e ten unhas vistas privilexiadas das illas Cíes.
O seu porto é Canido, burgo mariñeiro e notable núcleo turístico.
No Cabo Estai atópase o Instituto Oceanográfico de Vigo e varias das urbanizacións mais luxosas da cidade. Os habitantes da Illa de Toralla acceden a ela a través dunha ponte e o seu acceso está restrinxido aos seus propietarios e visitantes autorizados (posúen praia propia).

O campo de batalla (terreno de xogo) da Copa Pirucha e o seguinte: Superficie: 5858 Céspede: Challenge Pro 50. Recheo caucho SRB tintado. Ano 2007.

No torneo están inscritos 8 equipos en 2 grupos.
O Xuventude Oroso está encadrado no grupo A.
O primeiro partido é ás 11:00 h,
o segundo será ás 13:00 h
e o terceiro ás 16:00 h.

Os dous primeiros pasan directamente a semifinais (1ºA-2ºB  e  1ºB-2ºA), que serán ás 18:20 h, a final disputarase ás 19:30 h.

Os nenos comerán nas instalacións do campo invitados pola organización.