domingo, 1 de abril de 2012

Torneo San Miguel de Oia (Vigo) - Copa Pirucha. Martes 3 de abril de 2012

No campo de fútbol da Pirucha de San Miguel de Oia (Vigo),  dispútase o martes 3 de abril a famosa Copa Pirucha.  
Queres ir ao campo sen perderte?,  clica aquí



Unha pequena información: 

A parroquia costeira de San Miguel de Oia está situada ao suroeste do concello de Vigo, a uns 8 km do centro. Limita coas parroquias de Coruxo e Saiáns. Ten unha poboación de 4.020 habitantes (2010) moi densa, repartida en 36 núcleos de poboación e ocupando un territorio de 4 km² de elevado interese turístico. Esta parroquia viguesa non debe confundirse co cercano concello de Oia, situado a uns 30 km ao suroeste (hacia Baiona). Está situada na ría de Vigo e ten unhas vistas privilexiadas das illas Cíes.
O seu porto é Canido, burgo mariñeiro e notable núcleo turístico.
No Cabo Estai atópase o Instituto Oceanográfico de Vigo e varias das urbanizacións mais luxosas da cidade. Os habitantes da Illa de Toralla acceden a ela a través dunha ponte e o seu acceso está restrinxido aos seus propietarios e visitantes autorizados (posúen praia propia).

O campo de batalla (terreno de xogo) da Copa Pirucha e o seguinte: Superficie: 5858 Céspede: Challenge Pro 50. Recheo caucho SRB tintado. Ano 2007.

No torneo están inscritos 8 equipos en 2 grupos.
O Xuventude Oroso está encadrado no grupo A.
O primeiro partido é ás 11:00 h,
o segundo será ás 13:00 h
e o terceiro ás 16:00 h.

Os dous primeiros pasan directamente a semifinais (1ºA-2ºB  e  1ºB-2ºA), que serán ás 18:20 h, a final disputarase ás 19:30 h.

Os nenos comerán nas instalacións do campo invitados pola organización.




1 comentario: